Galicia

Publicado no DIario Oficial de Galicia o anuncio para licitar a construción de 74 vivendas de promioción pública en Vigo

VigoO Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores o anuncio sobre a licitación da redacción dos proxectos para construír 74 vivendas de promoción pública (VPP) en Cambeses e no ámbito de Pereiró-Castrelos.

Concretamente, licítase a contratación da redacción dos proxectos básicos e de execución así coma a dirección de obra para construír 44 vivendas de promoción pública na rúa Ignacio Groba e outras 30 na rúa Chantada. O orzamento base de licitación de ambos proxectos supera os 350.000 euros e conta cun prazo de execución de 4 anos e 6 meses.

Esta operación lévase a cabo tras a solicitude feita polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) ao Concello o pasado ano para a cesión de solo residencial co obxectivo de construír vivendas de promoción pública na cidade. Para este fin, o orzamento do IGVS para 2016 inclúe unha partida de 4 millóns de euros destinados á construción de vivendas de promoción pública en Vigo, A Coruña e Ourense.

También te puede interesar