Vigo al minuto

Un estudo sobre o Cunqueiro conclúe que costou 217 millóns máis do orzamentado e que non houbo libre competencia

Hospital Álvaro Cunqueiro/Fotografía:vigoalminuto.com
Hospital Álvaro Cunqueiro/Fotografía:vigoalminuto.com

Sermos Galicia publica este luns unha interesante entrevista con Antón Beiras Cal, auditor, economista e avogado, é o autor do monográfico ‘A Fondo’ sobre o Hospital Álvaro Cunqueiro, que presentará na Librería Andel o xoves que ven, día 11, ás 8 da tarde.

Na entrevista Beiras Cal subliña que o hospital foi moito máis caro do inicialmente orzamentado, concretamente, dacordo co seu estudo 217 millóns por riba do previsto-estaba orzamentado en algo menos de 324,5 millóns e acabou cun custo real de 550 millóns de euros-. Ademáis, o abogado denuncia que na súa licitación “non houbo transparencia nin libre concorrencia. Foi un contrato amañado no que se favoreceu en diversos momentos o licitador”.

Segundo a súa experiencia cando a Comisión Europea acordou estudar o caso da licitación e construción do novo hospital é porque “aprecia graves defectos incompatíbeis coas directivas europeas relativas a concesións públicas”.

También te puede interesar