Vigo al minuto

@MareaVigo reúnese coa dirección de Citroën que conclúe que é posible a reforma da planta sen ampliación cara a Matamá

Os concelleiros de Marea de Vigo (Arquivo)/Foto:vigoalminuto.com
Os concelleiros de Marea de Vigo (Arquivo)/Foto:vigoalminuto.com

O Grupo Municipal da Marea de Vigo, xunto co deputado de AGE Antón Sánchez, mantivo unha xuntanza coa dirección da PSA co obxectivo de clarificar a situación despois da anulación do Plan Xeral e co debate que se está dando no Goberno de Galicia sobre a modificación da Lei do Solo.

Marea de Vigo agradece a explicación que a dirección da PSA aportou sobre as necesidades urxentes da planta de Balaídos, que non se corresponden cunha ampliación dos limites actuais da fabrica, senón que afectan a reorganización de espazos dentro dos limites xa existentes. Estes cambios quedan sen cobertura ante a anulación do Plan Xeral de Vigo, a reorganización que pide con urxencia PSA, non ten nada que ver coa ampliación da mesma cara Matamá; e considera urxente permitir unha saída a esta situación para a que non sería necesaria unha modificación da lei do solo.

Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, pide diálogo entre as forzas políticas no Concello cara a chegar a un consenso para resolver esta situación, partindo tanto da realidade sobre as necesidades da planta, como da legalidade urbanística, existindo fórmulas e instrumentos como os «proxectos de incidencia supramunicipal», recollidos xa na lei de ordenación do territorio de Galicia dende o 1995, sen necesidade de hipotecar o futuro do urbanismo en todo o territorio do pais cunha modificación que pode ter graves consecuencias legais.

A Marea de Vigo pide encarecidamente ó Goberno Municipal seriedade e responsabilidade á hora de abordar esta cuestión, deixando de lado «cortoplacismos» por motivos publicitarios; “que xa comprobamos a longo prazo acaban en anulacións de plans urbanísticos”, e así demostre que realmente se preocupa polo futuro industrial da cidade, co rigor e a seriedade que merece.

A Marea de Vigo considera que a «incontinencia verbal» de Abel Caballero nos medios de comunicación, ademais de crear desinformación, confusión e «medo» na cidadanía, só se pode entender dende unha perspectiva electoralista e populista, “a que xa estamos todas e todos acostumados”, polo cal lembrámoslle que cambie de rexistro, posto que «non estamos falando dun asunto da relevancia da descendencia dos dinosetos» senón do desenvolvemento industrial de Vigo con todo o que conleva.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.