Vigo al minuto

Ducias de persoas piden diante da sede do Goberno de Galicia en Vigo #LuzAugaGasParaTodos

Concentración este xoves diante da Xunta en Vigo/Foto:vigoalminuto.com
Concentración este xoves diante da Xunta en Vigo/Foto:vigoalminuto.com

Medio cento de persoas concentáronse este xoves pola mañá diante da delegación do Goberno de Galicia en Vigo convocadas pola Oficina de Dereitos Sociais de Coia, a PAH Vigo Tui-Baixomiño, Os Ninguéns, RSP Vigo e G.A.S. para esixir suministros básicos para todos.

«Sufrimos a miseria e a precariedade que provoca a privatización de dereitos básicos, convertidos en produtos de consumo sometidos ao mercado e non aos intereses colectivos. Necesidades básicas coma: ter electricidade, quentar os nosos fogares, ducharnos ou facer a comida están a ser sometidos á lóxica perversa e depredadora da especulación dos capitais», aseguraron os convocantes.

Segundo denunciaron, fronte a esta terrible realidade o Goberno galego «volve a convocar unhas mal chamadas axudas públicas contra a pobreza enerxética: o Ticket eléctrico social e as Axudas urxentes de tipo social para evitar os cortes de subministración eléctrica»que, a xuizo destes colectivos, son parches propagandísticos, «miserentos, restritivos e totalmente inútiles para loitar contra a precaria situación na que se atopan moitas familias».

Os representantes destas asociacións aseguran que, como o Concello, a Xunta «tenta agochar con esmolas o terror que sofren moitos fogares en Vigo e en Galicia que son privados duns mínimos para a vida». Dacordo cos seus datos, 100.00 fogares galegos padecen pobreza enerxética, «mentres as grandes eléctricas obteñen grandes beneficios: en 2015, un 18% máis que no ano anterior».

Perante esta situación piden que haxa unha xestión pública dos servizos básicos co fin das concesións ás empresas privadas «que non garanten os nosos dereitos»; luz, auga e gas para todas, con «tarifas sociais en función dos recursos das persoas e que contemple que quen non ten non pague», e o cese inmediato dos cortes de subministros ás familias que non poden facer fronte aos gastos enerxéticos por non dispor de ingresos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.