Cultura

O goberno local de Vigo e a voceira do PP no Concello condenan o insulto do concelleiro de Moraña a @carmelasilva

O goberno local de Vigo, hoxe
O goberno local de Vigo, hoxe

O goberno de Vigo condenou este mércores, a través dun comunicado, os insultos machistas recibidos pola presidenta da Deputación por parte do tenente de alcalde de Moraña, Jorge Caldas, ao tempo que amosou o seu apoio Carmela Silva.

“Apoiamos á presidenta da Deputación, Carmela Silva, ante esta terrible agresión machista, así como a todas as mulleres que son agredidas con insultos e con violencia”, indica o goberno da cidade nunha declaración institucional, na que se pediu ao presidente do Goberno de Galicia que “de baixa no seu partido a este Caldas e á alcaldesa de Moraña e lles esixa que cesen nos seus cargos institucionais hoxe mesmo”.

Pola súa banda, a voceira do Grupo Municipal do Partido Popular, Elena Muñoz, asegurou a vigoalminuto que rexeita estas manifestacións do tenente de alcalde de Moraña, ao que insta ao que rectifique e se disculpe de xeito inmediato. Muñoz subliña que “o insulto é inaceptable en calquera eido e non ten cabida posible nas relacións políticas”.

También te puede interesar