RGPD - Cookies
Galicia

Febreiro empeza con influenza anticiclónica, segundo a previsión de @MeteoGalicia

Vigo/Foto:vigoalminuto.com
Vigo/Foto:vigoalminuto.com

Este luns, día 1 de febreiro, refórzase a influenza anticiclónica sobre Galicia e, segundo a previsión de MeteoGalicia, agárdanse bancos de néboa matinais en zonas de interior, que darán paso a ceos con alternancia de nubes e claros, con máis nubes canto máis ó oeste, onde mesmo podería rexistrarse algún orballo no litoral.

As temperaturas mínimas terán un lixeiro descenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios. Por cidades, en Pontevedra chegarán aos 16 graos, 15 haberá en Ferrol, A Coruña e Vigo-cunha mínima de 9- mentres que o termómetro baixará ata os 7 graos en Lugo.

También te puede interesar