RGPD - Cookies
Cultura

‘Vasilina Kuluva’, o espectáculo co que comenza, este xoves, ‘Bouzas en escena’

LogoVasilina Kulova é o espectáculo que da inicio ó ciclo “Bouzas en escena”, organizado polos alumnos do IES Audiovisual de Vigo. A obra, que se repesentará o vindeiro xoves, día 28, mistura varias disciplinas artísticas (música, danza, teatro, cine e poesía).

Durante 60 minutos, Pablo Bello, Juan Moredo e Diego Orellana serán os encargados de divertir e sorprender ó público, parodiando o coñecido ballet “El lago de los cisnes” de Tchaikovsky.

O humor é a clave da representación, que non abandona a beleza da danza clásica. Por outra banda, a fusión de diversas artes vai máis alá cunha proxección audiovisual que interactuará cós personaxes presentes no escenario.

A entrada é gratuita ata completar aforo e os interesados poden consultar a información relativa ó evento premendo aquí  ou na páxina de Facebook www.facebook.com/BouzasEnEscena.

También te puede interesar