RGPD - Cookies
Galicia

O #TeléfonodaMuller atendeu o ano pasado 4.565 chamadas

imagesO ‘Teléfono da Muller’, o 900 400 273, xestionou 4.565 chamadas telefónicas ao longo do 2015, preto da metade relacionadas coa área de atención psicolóxica. Segundo informou o Goberno de Galicia, 2.304 chamadas procedían da provincia de A Coruña, 1.070 de Pontevedra, 282 de Lugo e 274 de Ourense. Ademáis se atenderon 48 chamadas procedentes do resto do Estado.

Atendendo ao tipo de información solicitada, a meirande parte das chamadas están relacionadas coa atención psicolóxica, que representan o 46% do total. Ademais, un 24% das chamadas interesáronse polos recursos que as mulleres teñen a súa disposición e outro 20%fixo consultas en materia xurídica.

O ‘Teléfono da Muller’ é un servizo gratuíto, anónimo e confidencial, que funciona as 24 horas, os sete días da semana e ten cobertura para toda Galicia. Desde o ‘Teléfono da Muller’ infórmase e asesórase sobre cuestións relacionadas coa violencia de xénero -malos tratos, vexacións, ameazas-; acoso sexual; e servizos sociais, casas de acollida, centros de información ás mulleres, programas para mulleres desfavorecidas, policía especializada, gabinetes de orientación ou centros de planificación.

Así mesmo, tamén atenden consultas relacionadas con separacións, divorcios, abandonos do fogar e sentencias incumpridas; educación pola igualdade; cursos ocupacionais, oposicións, bolsas de emprego e creación de empresas e medidas de apoio ó asociacionismo, xornadas, seminarios, subvencións a asociacións e publicacións.

También te puede interesar