Vigo al minuto

O peche do Xeral xa acabou con 33 postos de traballo na contorna de Pizarro e ameaza a outros 167 máis

Unha das habitacións do Xeral, logo de que pechase o hospital
Unha das habitacións do Xeral, logo de que pechase o hospital

Colectivos de comerciantes da contorna do Xeral de Vigo denunciaron este xoves que o peche do hospital está a acelerar o deterioro económico da zona, coa desaparición de empresas e postos de traballo. Segundo constataron, alomenos 14 negocios tiveron que pechar as súas portas dende o traslado ao novo hospital, o que supuxo a perda de 33 empregos. Ao mesmo tempo, advertiron que outros 52 establecementos que empregan a 167 persoas corren o risco de desaparecer.

Os negocios pechados son, principalmente bares, cafeterías e restaurantes, debido ao descenso das ganancias, que alcanzou unha media do 82,1%.

Durante unha rolda de prensa convocada por SOS Sanidade Pública, advertiuse que a totalidade das empresas que aínda están abertas na zona sufriron unha importante redución da súa actividade. “Un total de 52 das 66 que permanecen abertas (o 78,8%) están en risco de pechar a curto ou medio prazo”, alertan. Destas, a maior parte son tendas, bares, cafeterías, restaurantes e hoteis, aínda que tamén hai farmacias, ortopedias, ximnasios, taxis e pequenas empresas industriais.

También te puede interesar