RGPD - Cookies
Vigo al día

Vigo presenta a Europa un proxecto de 15 millóns baseado na ‘Cidade vertical’

Ascensor Camelias/Tresyuno Comunicación
Ascensor Camelias/Tresyuno Comunicación

O proxecto presentado pola cidade baséase no denominado ‘Vigo Vertical’ e procura dar continuidade ao traballo realizado nos últimos anos -como as escaleiras mecánicas da Porta do Sol ou o ascensor de Camelias- para converter á cidade nun entorno «fácil, cómodo, sostible e integrador».

O Concello propón unha estratexia de actuación para 2016-2019 de 18.750.000€, que sufragaría Europa nun 80% -15 millóns- e a cidade nun 20% -3.750.000€-. De ser aprobado,o Concello seleccionaría posteriormente as operacións concretas a realizar.

O proxecto sinala coma prioridades unha cidade intelixente -que poña en valor o concepto Smart City-, integradora, accesible e sostible, procurando conciliar desenvolvemento e respectuoso co entorno.

O entorno no que se centrarían as actuacións é o delimitado polo polo do Castro, o eixo da Gran Vía, o Casco Vello, a estación do AVE e o entorno do antigo hospital Xeral, con ramificacións a Bouzas e a Teis.

También te puede interesar