Galicia

61 feridos nas estradas galegas nunha fin de semana sen mortos en accidentes de tráfico

061O 061 asistiu durante a fin de semana a un total de 61 persoas debido a 48 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 3 da tarde do venres, 8 de xaneiro ata as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 10 de xaneiro. O día da fin de semana que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 22 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 64 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 48 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 61 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 59. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a catro sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 49 ocasións e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres sinistros. As ambulancias convencionais mobilizáronse en tres ocasións.

En 56 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en cinco ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.

También te puede interesar