Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Un membro da Sanidade Pública de Vigo, o doutor De Castro, membro do tribunal europeo de Ciruxía Mamaria

DoutorSe onte coñeciase que a doutora María Torres, neumóloga da Sanidade Pública de Vigo conqueríra a calificación de sobresaliente ‘cun laude’ na súa tese de doutoramento, este domingo difundiuse que outro médico da Sanidade Pública da cidade, o doutor Gonzalo de Castro, entrará a como membro do tribunal examinador para a obtención do próximo “Board Europeo de Cirurxía Mamaria”, cuxas probas se celebrarán en Amsterdam no mes de marzo.

Gonzalo de Castro examinouse do citado “board” no ano 2012 e, desde entón, é un dos dous cirurxiáns de mama que hai en España con esa cualificación europea. Agora, a presidenta da división de cirurxía mamaria da Unión Europea de Médicos Especialistas (UEMS), a doutora finlandesa Marjut Leidenius, comunicoulle que foi seleccionado como membro do tribunal que examinará aos candidatos na convocatoria de marzo de 2016.

A UEMS é o organismo representativo das Sociedades Nacionais de Especialidades Médicas na Unión Europea. Na década dos anos noventa decidiuse a implantación de certificacións ou “boards” para unificar a formación e capacidades das diferentes especialidades, e acreditar como especialidades determinadas áreas médicas que en moitos países non están recoñecidas como tales.

A acreditación do “board” supón, na práctica, evitar que os profesionais que contan con esa acreditación teñan que facer probas de convalidación para exercer a súa especialidade noutros países europeos. En definitiva, é unha acreditación profesional que permite unha maior mobilidade de especialistas entre os distintos países de Europa, sobre todo nos que, como é o caso de España, non están recoñecidas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.