Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Unha neumóloga da sanidade pública de Vigo, a doutora María Torres, sobresaliente ‘cun laude’ pola Universidade de Santiago

A doutora Torres
A doutora Torres

Unha tese de doutoramento sobre a influencia do gas radón nos casos de cancro de pulmón en individuos que non fumaron en toda a súa vida, presentado pola neumóloga do Hospital Álvaro Cunqueiro, María Torres, recibiu a sobresainte cun laude no seu doutoramento pola Universidade de Santiago de Compostela. No traballo estudáronse 192 pacientes, incluíndo todos os casos detectados en sete hospitais públicos de Galicia e un de Asturias

A maioría dos estudos existentes analizaban a relación entre cancro de pulmón e exposición a radón residencial foron realizados en persoas fumadoras ou ex fumadoras.

“Realicei o traballo na Universidade de Santiago, baixo a supervisión do doutor Alberto Ruano, profesor de Medicina Preventiva da Facultade de Medicina”, apunta a doutora Torres, que comprobou, tras a análise dos datos, un incremento do risco de cancro de pulmón en persoas nunca fumadoras expostas a concentración elevadas de radón residencial. “Pódese concluír que a exposición a radón residencial é un factor de risco para cancro de pulmón para os que nunca fumaron”.

O gas radón é moi abundante en Galicia, debido ó alto contido en granito do subsolo que logo penetra nas vivendas. A súa influencia, polo tanto, depende da área xeográfica e é máis elevada conforme as vivendas teñan maior antigüidade, porque antes non había tanta facilidade para illar as construcións como pode habela agora.

Por ese motivo, a doutora Torres conclúe que debería terse en conta ese factor cando se constrúan edificacións novas: “O illamento é fundamental para impedir a penetración do gas radón nas vivendas e haberían de introducirse novas medidas preventivas no Código Técnico de Edificación ao que deben adaptarse todos os inmobles que se constrúan”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.