Vigo al minuto

O presidente Feijóo di aos profesionais do Cunqueiro que se non lles gusta o xerente «é o seu problema»

O presidente Feijóo/ Foto: Xunta
O presidente Feijóo/ Foto: Xunta

Ao presidente do Goberno de Galicia non lle gustou que os profesionais do Hospital Álvaro Cunqueiro sinalasen as deficiencias do ‘mellor hospital de Europa’ e menos aún que pedisen a demisión do xerente da Área Sanitaria, Félix Ruibal.

«Se hai facultativos aos que non lles gusta ninguén porque foi proposto pola Administración sanitaria actual é o seu problema e a súa opinión», respostou o presidente Feijóo a unha pregunta dos nosos compañeiros de Galicia Confidencial sobre a súa impresión sobre as opinión dos profesionais sanitarios.

O presidente defendeu a xestión do xerente e do seu novo equipo, “o correcto é esperar a coñecer ao equipo e as súas decisións, e non prexulgalos», suliñou na rolda de prensa posterior á reunión semanal do goberno galego.

Hai que lembrar que este mércores, decenas de facultativos e outros profesionais do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) asistiron a unha asemblea na que esixiron a dimisión do xerente e que a dirección os convoque e escoite as súas formulacións para poder pór solución ás «deficiencias» do Cunqueiro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.