Vigo al minuto

O persoal de limpeza dos hospitais de Vigo, en folga indefinida dende o día 16 deste mes

2015 12 04 ProtestaLimpezaCunqueiroVigoFolga07As traballadores da limpeza do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) iniciarán unha folga indefinida a partir do vindeiro día 16 para reclamar a contratación de máis persoal, en concreto entre 25 e 30 persoas. Dende as tres centrais con representación no comité de Acciona, empresa encargada do servizo, denuncian exceso de carga de traballo, falta de material e incumprimentos en materia laboral.

A convocatoria de folga, que foi formalizada hoxe mesmo pola CIG, CCOO e CGT -os tres sindicatos con representación en Acciona Facility Services- farase efectiva a partir das 7 da mañá do mércores 16. O paro afectará aos 155 traballadores que desenvolven o seu labor nos hospitais Álvaro Cunqueiro, Rebullón, Nicolás Peña e Xeral-Cíes e no ambulatorio da Doblada, aínda que a gran maioría deles están adscritos ao novo hospital.

Os motivos do paro teñen que ver coa falta de persoal, coa escaseza de material e cos incumprimentos en materia laboral por parte da empresa, o que estaría a afectar tanto aos propios traballadores como a usuarios e pacientes. Segundo a estimacións dos sindicatos, o conflito resolveríase coa contratación de entre 25 e 30 persoas.

Dende as centrais sosteñen que incluso se deixaron quirófanos sen abrir por falta de limpeza. O máis grave é o que sucede no Álvaro Cunqueiro -centro no que desenvolven o seu labor a maioría dos traballadores do servizo-, que ten practicamente o mesmo número de empregados da limpeza que tiña o hospital Xeral, cando ten catro veces máis superficie (55.000 metros cadrados fronte a 192.000).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.