Comarcas Vigo al minuto

O alcalde de As Nevés propón que Zona Franca desvíe á PLISAN parte da inversión que non poderá facer en Vigo

Xosé Manue Rodríguez Méndez, alcalde de As Neves
Xosé Manue Rodríguez Méndez, alcalde de As Neves

Ante a información de que o Consorcio da Zona Franca de Vigo terá que paralizar 90 millóns en investimentos en Vigo debido á sentencia de nulidade do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM) da cidade, decidido polo Tribunal Supremo, o alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, expón ao Consorcio a posibilidade de que parte desa inversión se canalice cara á Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves (PLISAN).

A xuízo do rexedor, esta alternativa axudaría a evitar a paralización dos plans industriais apoiados por Zona Franca e, ao mesmo tempo dinamizaría un dos proxectos de desenvolvemento con máis potencial do sur de Galicia.

Xosé Manuel Rodríguez Méndez sinala que, ademais, representaría unha “solución inmediata, e unha alternativa sólida, mentres se solucionan os problemas do Plan Xeral” para que non se deteñan os programas impulsados na Área Metropolitana de Vigo, non so polo Consorcio, senón tamén pola Autoridade Portuaria de Vigo e polo Goberno de Galicia.

También te puede interesar