'Qué te cuentas?'

A Deputación abre delegación en Instagram

InstagramA Deputación de Pontevedra, como xa fixera a de Lugo ten, deste venres, conta en Instagram para pendurar fotografías e infografías d os programas e as actividades que está a levar a cabo, é @deputacionpontevedra.

A presenza da Deputación de Pontevedra en outras redes sociais, tal e como subliñou Carmela Silva, “ten un crecemento imparable, acadando xa os 50.000 seguidores, dos cales 26.089 seguen á institución en Facebook, 22.757 en Twitter e 1.154 en Youtube”. Para a presidenta, moi activa en Twitter, “as redes sociais son unha ferramenta fundamental para trasladar a nosa visión do novo goberno da Deputación» e,ademáis, para manter unha relación directa cos usuarios mediante mensaxes públicas e privadas que funcionan como centro de atención á cidadanía.

Na conta @deputacionpontevedra de Instagram divulgaranse, cunha frecuencia inicial de entre tres e seis publicacións semanais, as actividades, eventos e plans que a institución provincial está a levar a cabo, con capturas da actividade da Deputación nos 62 concellos da provincia. Ademais, @deputacionpontevedra incluirá os contidos relacionados co Museo de Pontevedra e compartirá imaxes doutros usuarios de Instagram coa finalidade de aportar diferentes perspectivas e puntos de vista sobre un mesmo acontecemento.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.