Comarcas Vigo al minuto

A Deputación informa de que investirá 16 millóns en Igualdade, Cohesión Social e Xuventude

IgualdadSegundo informa nun comunicado, o novo goberno da Deputación de Pontevedra destinará en 2016 preto de 800.000 € para o Servizo de Igualdade, anteriormente inexistente. A través deste departamento, a institución provincial porá en marcha “políticas en materia de igualdade que sirvan como marco de referencia para a súa aplicación na administración local provincial”. Terá, por tanto, funcións interdepartamentais, na propia Deputación de Pontevedra, pero tamén interinstitucionais, de ámbito provincial.

Como india a institución provincial, “fronte á política da Xunta de Galicia, que está acernando os recursos dedicados á igualdade, ou do Goberno central, que desde o 2011 acumula un recorte do 37% en políticas de igualdade, ó que hai que sumar o recorte do 17% sufrido, nesta lexislatura, no orzamento destinado á loita contra a violencia de xénero, a Deputación de Pontevedra crea un servizo propio en materia de igualdade, inexistente ata o momento, ó que dota de preto de 800.000 €.”

A maiores, a Deputación destina máis de 5 millóns ó servizo de cohesión social e xuventude que centrará a súa actuación no impulso dos servizos sociais municipais e na aposta pola xuventude. Neste contexto, destinaranse case 3 millóns á prestación de servizos comunitarios básicos nos concellos, coa finalidade de garantir a atención das necesidades sociais de toda a poboación, previr a desigualdade entre a cidadanía así como favorecer a participación e libre desenvolvemento das persoas.

En canto á xuventude, a Deputación de Pontevedra destinará máis dun millón para este sector da poboación, o futuro da nosa sociedade, que “na actualidade é vítima da situación precaria do noso país”.

Ademais, o novo goberno da Deputación de Pontevedra destinará un millón de euros ós colectivos sociais e entidades de iniciativa social da provincia, repartidos de xeito xusto e igualitario, e investirá 10,4 millóns de € no funcionamento do Centro Príncipe Felipe.

También te puede interesar