RGPD - Cookies
Galicia

Tres mortos e 80 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

Accidente (ARQUIVO)
Accidente (ARQUIVO)

O 061 asistiu durante a fin de semana a un total de 80 persoas debido a 60 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres, 20 de novembro ata as 12 menos un minuto da noite deste domingo, día 22. O día da fin de semana que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 26 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 77 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 60 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 80 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 78. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a cinco sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 61 ocasións, o helicóptero medicalizado atendeu nun sinistro e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse en catro sinistros.

En 65 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 12 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e tres persoas faleceron no punto.

También te puede interesar