Comarcas Sucesos

A Fiscalía arquiva a denuncia por prevaricación feita polo PP contra MArcos Besada, alcalde de Salceda

Marcos Besada, alcalde de Salceda
Marcos Besada, alcalde de Salceda

Segundo informa Movemento Salceda nun comunicado, a Fiscalía de Pontevedra ven de arquivar a denuncia por prevaricación presentado polo Partido Popular contra o alcalde Marcos Besada. Na devandita nota indícase que o fiscal entende que “non pode inferirse a existencia dun delito doloso de prevaricación”.

“O Partido Popular, logo de tres derrotas nas Eleccións Municipais de 2007, 2011 e 2015, vítima da frustración ao non ter o apoio dos veciños de Salceda, decidiu xudicializar a política para tentar conquerir o que lle negan as urnas”, indica o comunicado.

A mesma lamenta que Santiago Rodríguez, “representando ao PP de Salceda presentou unha denuncia o 22 de maio pasado, último día da campaña electoral para as Municipais”. Logo da declaración do alcalde ante o fiscal xefe de Pontevedra, este decidiu arquivar a denuncia.

Marcos Besada subliña que todas as súas decisións como alcalde “son froito da boa fe, o irrenunciable espirito de cumprir coas miñas obrigas, coa lei e co principio de defenso do ben común dos veciños de Salceda”.

También te puede interesar