Comarcas

Raúl Francés deixa o Concello do Porriño logo de abrirse xuizo por unhas contratacións de hai 7 anos

Raúl Francés, apoiado pola alcaldesa, Eva García de la Torre, e todos os seus compañeiros do Goberno local do Porriño, este luns durante a rolda de prensa que deu no Concello
Raúl Francés, apoiado pola alcaldesa, Eva García de la Torre, e todos os seus compañeiros do Goberno local do Porriño, este luns durante a rolda de prensa que deu no Concello

Non é un feito habitual que un político deixe o seu cargo e menos que o faga para presentarse diante da xustiza como un cidadáns máis.Sempre defendín que as persoas que detentan cargos públicos teñen que demitir cando a xustiza decide abrirlles xuizo oral”. Deste xeito anunciou, este luns, a súa renuncia e retirada da política, o segundo tenente de alcalde do Porriño, Raúl Francés.

En rolda de prensa, Francés explicou que, ainda que a lei non lle obriga a deixar o seu posto, “eu son unha persoa que cre no que defende” e que, por iso, abandoaba o seu cargo. O xa ex concelleiro indicou que o venres pasado o xulgado comunicoulle que debería ir a xuizo pola contratación de tres persoas para outros tantos postos de asistencia técnica, cando era alcalde do Porriño, ao redor dos anos 2007 ou 2008 e que non dubidou que debía presentar su demisión.

“Non houbo enriquecimento propio, nin intencionalidade, nin quebranto económico algún para o Concello, nin para os vecinos, eu non intervín na selección e estos profesionais seguen traballando para o Concello”, subliñou Francés, quen confiou en que a súa “completa inocencia” quede demostrada. O ex concelleiro amosou a súa confianza na Xustiza e a necesidade de que sexa independente e igual para todos os cidadáns, “como corresponde a unha democracia”.

Raúl Francés lembrou que non se lle imputa delito económico algún, “dos considerados como de corrupción” e que sempre foi él, en persoa, quen informou, “inmediatamente”, aos vecinos e aos medios de comunicación, que estaba baixo investigación, “o mesmo que fago hoxe”.

Preguntado sobre os motivos polos cales estimaba que se lle abría xuizo oral a él antes que a Nelson Santos, anterior alcalde do Porriño, Francés, respostou que él sempre colaborara coa xustiza e que “nunca tiven intención de retrasar ou ostaculizar o proceso xudicial”.

Pola súa banda, a alcaldesa, Eva García de la Torre, expresou o seu apoio persoal a Francés, ao que calificou como “un moi bo amigo”,  apoio que se extende ao todo o equipo de Goberno local- como amosaron todos os seus integrantes na rolda de prensa-, e manifestou a sua “absoluta seguridade de que Raúl é totalmente inocente”.

García de la Torre, avogada de profesión, enfatizou que na actuación de Francés non houbo nin feito nin intención delictiva algunha, posto que a mesma careceu de dolo e de intencionalidade, como amosa o feito de que ata hai uns anos era a xurisdicción Contencioso-Administrativa quen entendía de estos asuntos, non a penal.

A alcaldesa lembrou que costoulle moito que Raúl Francés aceptase ir na lista que ela encabezara nas Eleccións Municipais de maio, comentou que o Concello e os vecinos do Porriño “non poden perder a dedicación, o coñecemento e o traballo de Raúl” e concluiu dicindo que por iso, “espero que recapacite sobre a súa intención de deixar a política activa”.

También te puede interesar