RGPD - Cookies
Comarcas Vigo al día

«Na Deputación de Pontevedra rematou o caciquismo e o clientelismo»

Sin títuloIso asegurou este xoves a presidenta do organismo provincial, na Comisión de Economía do Parlamento de Galicia, na que adiantou que a Deputación terá un orzamento de 152 millóns para o ano que ven.

“O mesmo estará ao servizo das persoas”, salientou Carmela Silva, quen subliñou que na institución ábrese un novo modelo, “baseado no respeto e no trato equitativo cos concellos”. Silva reivindicou a transparencia e rexeitou o que cualificou como “a discriminación do goberno anterior”, encabezado por Rafael Louzán.

Carmela Silva repetiu que non haberá millóns para a libre disposición da Presidencia da Deputación, “os orzamentos se distribuirán con criterios obxectivos”, insistiu Silva, quen rexeitou que as administración locais se supediten a outras institucións.

También te puede interesar