Galicia

Baltar rexeita falar no Pleno da Deputación da acusación de que prometeu un traballo na mesma a cambio de sexo

José Manuel Baltar (Arquivo)/Tresyuno Comunicación
José Manuel Baltar (Arquivo)/Tresyuno Comunicación

José Manuel Baltar entende que a denuncia feita por unha muller de que prometeulle un traballo fixo na Deputación de Ourense a cambio de sexo, é un tema que pertence á súa vida privada, “e que nada ten que ver coa Deputación” e, en base a iso, o grupo do Partido Popular no organismo provincial rexeitou que o Pleno do mesmo debatese sobre esta cuestión.

Ante a negativa dos populares, os representantes dos grupos da oposición-PSOE, Democracia Ourensana e BNG- abandoaron o Pleno e anunciaron que pedirían a convocatoria dunha xuntanza extraordinaria do mesmo para galar, únicamnte deste tema.

Pola súa banda, Baltar non fixo mención algunha ás mensaxes e grabacións-difundidas por varios medios de comunicación, agás a TVG, que mesmo deu espazo na súa programación a persoas que sinalaron á muller como ‘culpable’ destos feitos-das conversas que mantivo coa denunciante.

También te puede interesar