Vigo al día

O candidato á Presidencia do Goberno por UPyD, denuncia a Sanidade por omisión do deber de socorro no Hospital Álvaro Cunqueiro

Javier Lojo, candidato ao Congreso por Pontevedra, Julio Lleonart, deputado de UPyD no Congreso, e Agustín Gallego, candidato por Lugo, diante da Comisaría de Vigo coa denuncia presentada por Herzog/Tresyuno Comunicación
Javier Lojo, candidato ao Congreso por Pontevedra, Julio Lleonart, deputado de UPyD no Congreso, e Agustín Gallego, candidato por Lugo, diante da Comisaría de Vigo coa denuncia presentada por Herzog/Tresyuno Comunicación

O candidato de Unión Progreso y Democracia á Presidencia do Goberno do Estado, Andrés Herzog, que hoxe estivo pola mañá no Hospital Álvaro Cunqueiro, acompañado pola voceira parlamentaria do partido, Rosa Díez, e do candidato número 1 da formación nas listas de Pontevedra ao Congreso, Javier Lojo, e o cabeza de lista de Lugo, Agustín Gallego, dirixiuse á Comisaría de Policía de Vigo para presentar unha denuncia contra as autoridades sanitarias da cidade para presentar unha denuncia polo delito de Omisión do deber de socorro.

UPyD2
Copia da denuncia

A xuizo de Herzog, a sanidade é unha competencia inexcusable e básica do Estado e por iso, entendendo que o novo hospital carece dos medios e recursos sanitarios para atender aos pacientes, decidiu que debía interpoñer esta denuncia.

O candidato á Presidencia do Goberno por UPyD esixiu ao Goberno de Galicia unha sanidade que sexa pública, comprometida coas necesidades e sufrimento dos cidadáns e universal.

También te puede interesar