Galicia

Aviso amarelo por ventos e chuvias fortes, dende este sábado pola tarde en toda Galicia

VentoA Axencia Estatal de Meteoroloxía advirte que a o Sur da provincia de Ourense, as súas zonas montañosas e o interior da provincia de Pontevedra, están en aviso amarelo dende este sábado pola tarde por refachos de vento que poden superar os 80 quilómetros por hora.

Ademáis, tamén hai a mesma alerta por vento no mar, de forza 7-8, de compoñente Sur, dende as 3 da tarde, na Costa da Morte, Oeste da provincia da Coruña e as Rías Baixas.

Hoxe, dacordo coas previsións meteorolóxicas, unha borrasca móvese cara ao Norte, pola costa portuguesa, traendo chuvias e ventos fortes a todo o litoral de Galicia.

También te puede interesar