Vigo al minuto

A vacinación contra a gripe na Área Sanitaria de Vigo empeza este luns, día 19 de outubro

VacinaSanidade inicia o luns 19 na área sanitaria de Vigo a campaña de vacinación antigripal e antipneumocócica, que estará vixente ata o vindeiro 19 de decembro. A provincia de Pontevedra conta nesta campaña con arredor de 250 puntos de vacinación –uns 150 na área de Vigo– nos centros de saúde e consultorios; centros hospitalarios públicos; os hospitais, centros médicos e consultas médicas privados; residencias e centros para a terceira idade de titularidade pública ou privada; unidades asistenciais de drogodependencias; centros penitenciarios; e centros de atención a discapacitados.

Os interesados en vacinarse deben poñerse en contacto co seu centro de vacinación onde lle informarán de como e onde solicitar a cita. As persoas con 60 ou máis anos, así como aquelas que sufran enfermidades crónicas, deben acudir ao seu médico de cabeceira ou centro de saúde onde serán informados das vacinas que deben recibir.
coa información tanto para profesionais sanitarios con información técnica e de xestión, como aspectos prácticos para a cidadanía.

Sanidade lembra á cidadanía que a vacinación durará máis de oito semanas e hai tempo suficiente para facela progresivamente. Por isto, desde a Consellería solicítase á poboación que, para evitar a sobrecarga do sistema asistencial, non se acuda masivamente os primeiros días da campaña.

Como novidade, Sanidade porá en marcha unha web coa información tanto para profesionais sanitarios con información técnica e de xestión, como aspectos prácticos para a cidadanía.

También te puede interesar