Un grupo de traballadores de mantemento das zonas verdes de Vigo, que están en folga indefinida dende o luns “para rexeitar a discriminación do persoal subrugado”, vén de iniciar, hai uns minutos, un peche no despacho do concelleiro de Parques e Xardíns, Ángel Rivas.
A súa intención é reclamar unha solución ao conflito laboral que manteñen coa concesionaria logo de que Rivas declarase públicamente que este non era un problema no que o goberno local poidese intervir, senon un problema entre a plantilla e a empresa, Althenia.