RGPD - Cookies
Galicia

Sube a Marea Galega

MareaAnova, Esquerda Unida e Podemos Galicia fixeron público un comunicado no que anuncian que están a traballar nun acordo político que podería servir de punto de partida para as Eleccións Xerais.

“As tres formacións vimos dar un paso máis na construción dese bloque social e político de cambio que sexa o máis amplo e plural e capaz de ser o referente do necesario Cambio nas vindeiras eleccións xerais dende Galicia”, afirma Podemos Galicia na información enviada aos seus afiliados.

As tres organizacións constatan coincidencias importantes con vistas a “construír un programa político común que resposte á situación de emerxencia social e desigualdade, defender os recursos e servizos públicos e rescatar as institucións e a democracia ao final para a cidadanía”.

O preacordo será presentado a semana que ven nun acto público ao que se convidará á sociedade civil.

También te puede interesar