Vigo al minuto

O luns empezan os traballos para iniciar a construción do aparcamento público do Concello preto do novo hospital

Novo-hospitalO alcalde adiantou que xa se empezaron os traballos para preparar a parcela na que o Concello vai construír un aparcadoiro gratuíto de 500 prazas no novo hospital de Vigo. Tal e como indicou, o luns comezará o desbroce do terreo e o martes, iniciarase o estudo topográfico e inmediatamente despois, licitarase o proxecto. Para aforrar tempo, indicou, desde a Xerencia de Urbanismo estase a tramitar o cambio de uso da parcela para que poida utilizada.

Abel Caballero avanzou que o goberno local xa está a traballar na procura de máis prazas e estuda posibilidades como alugar outras parcelas privadas, realizar un aparcamento en altura ou utilizar un terreo municipal no que habería que facer un importante desmonte.

O alcalde amosou, ademáis, a súa preocupación pola seguridade dos usuarios xa que aparcan os coches en zonas perigosas para evitar o pagamento «dos prezos astronómicos do aparcamento privado construído polo goberno de Feijóo”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.