RGPD - Cookies
Comarcas

O alcalde de As Neves mantén unha xuntanza con Xunta, Zona Franca e Porto de Vigo para falar da PLISAN

O alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez
O alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez

Xosé Manuel Rodríguez manterá unha xuntanza, este luns día 21, ás 5 e media da tarde, na sede da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, en Compostela, coa titular do departamento, Ethel Vázquez, na que recibirá información sobre a posta en marcha das obras de urbanización da primeira fase da Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves e o desenrolo posterior da totalidade do proxecto da PLISAN.

Na devandita reunión, na que estarán tamén presentes a delegada da Zona Franca e o presidente do Porto de Vigo (as outras dúas institucións promotoras da PLISAN), o alcalde de As Neves exporá a necesidade de que os tres organismos, Goberno de Galicia, Zona Franca e Porto de Vigo “respecten os dereitos dos propietarios dos terreos expropiados na Plataforma”.

Nesta xuntanza, tal e como avanzou nunha carta remitida hai varias semanas á conselleira, o alcalde de As Neves cre que ten que acometerse a resolución, “tamén con prazos pechados”, do problema creado pola exclusión de 1 millón de metros cadrados do proxecto da PLISAN, a fin de que o desenrolo da mesma poida seguir sen atrancos.

Xosé Manuel Rodríguez Méndez celebra a posta en marcha da urbanización da Plataforma e ofrece a colaboración do Concello de As Neves para que a mesma avance.

También te puede interesar