RGPD - Cookies
Galicia

A vacina da meninxite, nas farmacias de Galicia «nas próximas semanas»

VacinaA Consellería de Sanidade ven de agradecer ao Ministerio de Sanidade o cumprimento do compromiso que adquirira con Galicia de poñer á venda nas oficinas de farmacia a vacina do meningococo B.

Neste eido, na web do Centro de Información online da Axencia Española de Mendicamentos e Productos Sanitarios xa figura a vacina meningocócica do Grupo B como de prescripcion médica, o que supón un paso previo para que esta vacina estea dispoñible nas oficinas de farmacia, iso si, sempre baixo prescripción médica.

De acordo co procedemento habitual, é previsible que a vacina esté dispoñible nas oficinas de farmacia ao longo das próximas semanas.

“O Ministerio de Sanidade adquire este compromiso con Galicia, tras recibir varias solicitudes, dende novembro do pasado ano, por parte da Consellería de Sanidade ante a adquisición irregular que se viña rexistrando en Portugal”.

También te puede interesar