Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

O PP rexeita catro propostas para que o Consello de Contas fiscalice o novo hospital

HACO Partido Popular fixo valer a súa maioría absoluta no Parlamento de Galicia e rexeitou, este venres, as catro peticións feitas por partidos da oposición para que o Consello de Contas fiscalizase a construción, funcionamento e implementación do equipamento do novo hospital de Vigo.

Esta misma semana, os populares-que sinalaron ao Goberno Zapatero e ao alcalde de Vigo como responsables das deficiencias, carencias e infinidade de problemas do que o presidente Feijóo e a súa conselleira de Sanidade calificaron durante meses como o ‘mellor hospital de Europa- rexeitaron crear unha Comisión de Investigación sobre o Hospital Álvaro Cunqueiro. Hai que lembrar que en Vigo, o grupo municipal do PP tamén votou en contra de instar ao Goberno de Galicia a que o aparcadoiro do hospital fose gratuito e que a súa candidata á Alcaldía, Elena Muñoz, sinalou que a responsabilidade de facer un parking no lugar era de Abel Caballero, non do Servizo Galego de Saúde.

Como denunciou a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública, aportando documentos oficiais, a empresa desiganda para facerse cargo do control de calidade e de funcionamento do novo hospital está dirixida por unha vice-conselleira da Comunidade de Madrid, en época do conselleiro Güemes e da presidenta Esperanza Aguirre; ademáis, outra persoa que foi alto cargo durante o mandato de José María Aznar, é unha destacada directiva dunha das firmas da empresa que ten, durante os vindiros 20 anos, a concesión do Álvaro Cunqueiro.

También te puede interesar