Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Pecha o Centro de Especialidades de Coia

Centro de Especialidades de CoiaA Unidade de Fisioterapia do Centro de especialidades de Coia trasladouse ao Anexo II do Hospital Xeral, tal e como estaba previsto no plan de reordenación sanitaria que se está levando a cabo na área viguesa trala apertura no novo hospital público Álvaro Cunqueiro.

Así, desde este xoves, día 17, ese equipo de fisioterapia especializada -composto por tres fisioterapeutas e 1 auxiliar de enfermaría- desenvolven a súa actividade asistencial na planta -1 do Anexo II do Hospital Xeral, o que significa que o Centro de especialidades de Coia finaliza a súa actividade asistencial  e queda sen uso sanitario

Segundo afirma o xefe do servizo de Rehabilitación, Javier Juan García –“este traslado é un paso máis na reorganización funcional e asistencial de todo o servizo de Rehabilitación do Chuvi; o feito de agrupar tódolos recursos de atención especializada nunha estrutura hospitalaria, permitirá mellorar a xestión dos mesmos”- .

Nas dependencias do Xeral, esta Unidade seguirá prestando os mesmos servizos que viña realizando ata o momento actual, dirixidos a atención fisioterapéutica de pacientes con patoloxía traumatolóxica; unha media de 50 pacientes diarios aos que se lle administran diferentes terapias osteoarticulares. Para isto, contan cunha sala de tratamentos con equipos de cinesiterapia, hidroterapia, termoterapia e electroterapia. Ademais deste aparataxe, a Unidade conta tamén co equipamento propio dun ximnasio como espalderas, paralelas, bancos de exercicios, rampas, bicicletas estáticas, pesas e cuñas.

También te puede interesar