Vigo al minuto

O Concello incentivará a contratación de vigueses menores de 30 anos con ata 5.000 €

TraballandoO alcalde presentou este martes as bases e da convocadoria das axudas á contratación e mellora do emprego para a mocidade viguesa, un programa que incentiva con ata 5.000 € o primeiro emprego dos menores de 30 anos e con ata 3.000 € a transformación de contratos temporais en indefinidos.

O programa presenta dúas modalidades: a primeira incentiva económicamente a transformación de contratos temporais en indefinidos dos profesionais menores de 30 anos empadroados en Vigo. A axuda municipal ascende a 2.000 € por contrato, que o goberno de Vigo amplía en 1.000 € se a beneficiaria é unha muller vítima de violencia de xénero.

En segundo lugar, o programa municipal apoia a contratación de menores de 30 anos, inscritos nos servizos de emprego e empadroados en Vigo, que accedan ao seu primeiro emprego ou conten con menos de 365 días de experiencia laboral.

A subvención económica irá dos 1.500 € aos 4.500 € se o contrato é de 9 meses, cantidades que o goberno de Vigo incrementa en ata 500 € máis en condicións de dificultade do empregado.

También te puede interesar