Vigo al minuto

‘Vigocultura’ programa 19 funcións, de outubro a decembro, no Auditorio do Concello

Teatro‘VigoCultura’, que se desenvolverá no Auditorio do Concello de outubro a decembro, inclúe unha oferta diversa, con espectáculos para público adulto os venres ás 9 da noite e, para público familiar, os domingos ás 6 da tarde.

O Concello programa para este derradeiro trimestre do ano un total de 19 funcións, que abarcan diversos xéneros como a música pop, a música de autor, teatro dramático, contemporáneo, musicais, comedia, danza contemporánea e hip hop, dentro do ciclo dirixido ao público adulto, e a música, teatro, musicais, clown, circo, monicreques, danza e maxia, dentro do ciclo dirixido a público familiar.

Nesta programación participan un total de 11 compañías e grupos galegos (9 delas a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios e 2 colaboracións) e 8 compañías de fóra de Galicia a través do programa estatal Platea, todas elas de recoñecido prestixio no ámbito das artes escénicas estatais e moitas recoñecidas con premios e nominacións.

O prezo de entrada dos espectáculos para público adulto será de 6 € para os de danza e música e 8 € para os espectáculos teatrais, e as dos espectáculos dirixidos a público familiar terán un prezo de 5 €.

As entradas podense adquirir anticipadamente a partir do martes día 15 de setembro a través do servizo de Ataquilla, tlf 902.504.500 ou no despacho de billetes da Central de Espectáculos, ou o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do seu comezo, no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles). Os abonos podense combinar entre todos os espectáculos- en paquetes de 5 ou 10 espectáculos- con importantes descontos do 15 e 25 % respectivamente.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.