Galicia

202.476 alumnos e alumnas, o 70% de centros públicos, empezan o mércores as clases en Infantil, Primaria e Educación Especial

A claseEste xoves, 10 de setembro, comezarán as clases nos ciclos de Educación Infantil e Primaria Educación especial para 202.476 alumnos e alumnas, o que supón un 0,01% menos ca no curso 2014/2015, segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Educación.

64.350 alumnos e alumnas comezarán o 10 de setembro nas aulas de Educación Infantil, o que supón un 1,7% menos ca no curso 2014/2015. Deles, 45.175 estarán en centros públicos- o 70,2%– e 19.175-o 29,8%- en privados e concertados.

136.779 alumnos e alumnas tamén comezaran o luns as clases de educación primaria en Galicia, o que supón un 0,86% máis ca no curso 2014/2015.Deles, 96.167 alumnos asisten a colexios públicos-o 70,3%– e 40.612 a privados e concertados- o 29,7%-.

No que atinxe á educación especial, o número estimado de matriculados para este curso é de 1.347, case un 2 % menos ca no 2014/2015.

O mesmo día do comezo de curso escolar empezarán a funcionar os servizos de transporte-que empregan 93.190 rapaces e rapazas de centros públicos- e os de comedor-máis de 72.016- nun total de 784 centros públicos.

 

También te puede interesar