RGPD - Cookies
Comarcas

Fomento adxudica a reforma do desvío de Puzo, na A-52, para facilitar a entrada á PLISAN

O alcalde de As Neves-no centro-nunha visita á PLISAN (arquivo)
O alcalde de As Neves-no centro-nunha visita á PLISAN (arquivo)

Segundo publica o Boletín Oficial do Estado (BOE), o Ministerio de Fomento ven de adxudicar a reforma do desvío de Puzo, da A-52, para a mellora da entrada á Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves.

A obra, cun orzamento de preto de 10,5 millóns de euros, facilitará o enlace coa A-51, da que é titular o Goberno de Galicia -e que será a vía central de entrada á PLISAN- coa rede de estradas do Estado.

A obra, que será acometida por Acciona, implicará a creación de catro pasos inferiores e superiores e outros tantos ramais, entre outras melloras.

También te puede interesar