Destacados Nacional

O lume arrasa a provincia de Ourense: preto de 3.000 hectáreas queimadas

BrifLazaFoto: @BrifLaza/ Á hora de redactar esta información, dacordo cos datos de Medio Rural, o  lume da parroquia de Lucenza, no concello ourensán de Cualedro superaba xa as 2.000 hectáreas. Nos labores de control participan 1 técnico, 9 axentes forestais, 20 brigadas, 13 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 9 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).   

Tamén en Ourense, permanece activo, dende as 2 da tarde de onte, o lume no concello de Viana do Bolo, parroquia de Pradocabalos. Segundo novas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 213 hectáreas. Nas tarefas de control participan 1 técnico, 9 axentes forestais, 34 brigadas, 14 motobombas, 5 pas, 9 helicópteros e 6 avións.

Activo, ainda que controlado, está o outro lume que se iniciou no concello de Viana do Bolo, parroquia de Pexeiros: segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de 70 hectáreas. Na súa extinción traballan 10 axentes forestais, 17 brigadas, 9 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 2 avións.

Do mesmo xeito, non se extinguiu ainda o lume rexistrado onte pola tarde no concello de Manzaneda, parroquia de Cernado. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de 250 hectáreas de Rede Natura. Na súa extinción participan 2 técnicos, 7 axentes forestais, 25 brigadas, 9 motobombas, 2 pas, 4 helicópteros e 4 avións.

Igualmente, ainda non foi apagado, ainda que está controlado o lume que se rexistrou ás 16:10 horas no municipio de Ourense, parroquia de Cudeiro. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de 54,9 hectáreas rasas. Na súa extinción traballan 1 técnico, 11 axentes forestais, 27 brigadas, 21 motobombas, 2 helicópteros e 9 avións.

Tampou está extinguido o lume do Barco de Valdeorras, parroquia de Santigoso. Segundo últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 66,9 hectáreas. Na súa extinción participan 13 axentes forestais, 21 brigadas, 9 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.