Deportes Vigo al minuto

O 42 Gran Premio Cidade de Vigo de Ciclismo, no centro da cidade esta fin de semana

Ciclismo450 bicicletas daranse cita o sábado na avenida García Barbón e o domingo na Porta do Sol e na Praza do Bicentenario nunha nova edición do Gran Premio Cidade de Vigo de Ciclismo na que se esperan equipos de Portugal, Asturias e Castela-León.

O Gran Premio, unha das probas deportivas máis antigas da cidade, gana este ano en participación ao reunir durante dous días a todo o ciclismo galego non profesional de estrada.

“É un gran festival de ciclismo e o único en Galicia”, sostivo Carlos Vidal, presidente do Clube Ciclista Vigués. Entre as dúas xornadas acumúlanse ata cinco probas diferentes, o que provocará variedade e emoción.

O sábado moveranse polo centro urbano unhas 250 bicicletas e 200 o domingo. A partires das 5 e media da tarde do sábado 29, en García Barbón, no tramo entre Santiago de Vigo e Serafín Avendaño, o C.C. Vigués montará un circuíto duns 1.500 metros que contará con exhibición das escolas municipais, unha gymkana para alevines e infantís, que animará toda a tarde, e unha proba de fondo junior. Tralas primeiras carreiras de base, o prato forte serán as tres carreiras para elite e sub 23: unha de fondo (20 voltas), sobre as seis do serán, unha de sprints (15 voltas con sprint en cada unha) e unha de eliminación, moi espectacular. Elimínanse dous ciclistas en cada quenda ata que queden 10 ou 11. Logo irán saíndo dun nun.

O domingo, quenda para os escaladores: ás 9e media da mañá haberá unha crono-escalada entre Porta do Sol e O Castro (3,5 quilómetros). O programa rematará coa subida dende a Praza do Bicentenario (cruzamento de Camelias con Venezuela) ao monte do Castro por Marqués de Alcedo e Manuel Olivié, dando varias voltas ao circuíto Paseo dos Cedros-Paseo Cronista Álvarez Blázquez, quince para elite e sub 23 e cinco para cadetes e féminas. Ás 12, sairán as categorías cadete e feminina, concluíndo a xornada cos elite e sub 23.

También te puede interesar