Vigo al minuto

Caballero afirma que Air France ten intención de restablecer a ruta a París dende primaveira

Air-FranceO alcalde recibiu esta mañá no Concello ó director xeral de Air France, Bruno Georgelin, que comunicou a intención da compañía de reanudar a ruta que une Vigo-París na próxima primavera. Segundo explicou Abel Caballero, a aeroliña francesa está realizando as xestións oportunas para que Vigo sexa, no curto prazo,  unha ruta estable dentro do seu plan de empresa.

Para o alcalde, «o voo Vigo -París é un grande obxectivo» polo que implica na relación directa entre as dúas cidades, sendo Vigo a urbe na que PSA Peugeot Citroën ten a súa principal factoría e «estaremos expectantes para que esta posibilidade saia adiante».

A perda da ruta diaria con París estivo marcada, para Caballero, pola situación de competencia desleal dun voo dende Santiago e de voos dende Oporto á capital francesa que reciben «axudas ilegais». Agora, sinalou, que estamos ante a posiblidade de que restableza a liña, no mes de marzo ou abril, para continuala de forma ininterrompida porque o planteamento de Air France é reabrir o voo Vigo-París non de forma puntual senón a longo prazo.

O alcalde amosouse convencido da capacidade da cidade para xerar transbordos no aeroporto parisino Charles de Gaulle e expresou o seu desexo de que Vigo e París sigan unidos por esta ruta, que dá a opción de voar dende Vigo, a través de París, a calquera cidade do mundo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.