Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Denuncian que a Unidade de Transplantes do novo hospital non ten habitacións que cumpran as condicións mínimas

Nuevo hospital/Tresyuno Comunicación
Nuevo hospital/Tresyuno Comunicación

Segundo denuncian os representantes dos traballadores do Área Sanitaria de Vigo, o novo hospital non cumple as condicións para asumir a Unidade de Transplantes e lembra que este martes producirase o traslado de pacientes hospitalizados do Servizo de Hematoloxía ao Álvaro Cunqueiro.

“As habitacións para o illamento destes pacientes, necesario para poder realizar os diferentes tipos de transplante, así como o seu entorno, non cumpren as condicións mínimas, nin para as condicións de traballo das e dos profesionais, nin para unha estancia confortable e nun ambiente o máis relaxado posible para as e os pacientes, nin na dotación de espazos adecuados para as e os familiares que permanecen longos períodos no Hospital”.

Os representantes dos traballadores subliñan que no Servizo e Hematoloxía está a Unidade de Transplante de Proxenitores Hematopoiéticos (UTPH) que se encarga de realizar todas as modalidades de TPH en idade adulta: TPH autólogo (de células do propio paciente), TPH aloxénico de doante emparentado e non emparentado, TPH de proxenitores de Sangue de Cordón Umbilical, Infusión de Linfocitos de Donante, Extracción de Proxenitores Hematopoiéticos de Medula Osea e Sangue Periférica Autólogos ou Aloxénicos para pacientes propios e para o Rexistro de Donantes de Médula Osea (REDMO).

Ao xuizo dos traballadores, esta unidade de transplantes ten o seu futuro en risco por non terse escoitado os requirimentos das e dos profesionais no deseño e construción do Novo Hospital de Vigo.

Os profesionais da Unidade de Transplante “comunicaron á da Área Sanitaria de Vigo esta situación sen ter resposta até uns días antes de producirse o traslado, na que recoñecendo os problemas existentes ofrecen unha solución provisional que consiste en inutilizar unha das 6 habitacións de illamento para usala para paliar o déficit de infraestruturas no entorno da unidade, con esta solución, que pretende ser provisional, pérdese unha destas habitacións co que das 9 que solicitaban as e os profesionais quedarán en 5 reais”.

Á vista desta dificiencia, os profesionais esixen aos responsables da Área Sanitaria que tomen as medidas necesarias para que a Unidade de Transplante de Proxenitores Hematopoiéticos (UTPH) funcione nas mellores condicións posibles e sempre tendo en conta os “as medidas provisionais postas en marcha para permitir o traslado ao Novo Hospital garantan a seguridade das e dos pacientes e que se tomen as decisións necesarias para dotar a esta unidade das condición de traballo definitivas coa maior rapidez posible”.requirimentos das e dos profesionais, e que

Ademáis , o persoal tamén demanda explicacións á Consellería de Sanidade pola “súa responsabilidade nas condicións en que se atopa o Novo hospital de Vigo, que non cumpre coas expectativas nin da cidadanía nin das e dos profesionais”.

También te puede interesar