Ciencia y Tecnología

En Nigran organizan, este martes, unha noite de observación das ‘bagoas de San Lourenzo’

PerseidasO Concello de Nigrán organiza a través da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura (creadora e xestora do Observatorio Astronómico de Forcarei) unha noite de observación das perseidas, popularmente coñecidas como bágoas de San Lourenzo pola coincidencia con esta festividade.

Esta terá lugar o martes 11 de agosto ás 10 e media da noite no castro de Chandebrito. Os interesados poden acudir directamente alí a esa hora ou, se descoñecen o lugar, presentarse en coche ás 10 no propio Concello de Nigrán, dende onde se organizará unha saída para que ninguén se perda.

A observación estará guiada por Ricardo Lago, mestre e astrónomo vocacional ademais de colaborador do Observatorio Astronómico de Forcarei. A actividade é gratuíta e para tódolos públicos. Recoméndase aos asistentes que acudan con roupa de abrigo, toallas ou mantas para tirarse no chan, comida ou bebida se desexan cear vendo ás estrelas e prismáticos no caso de que dispoñan deles. Entre perseida e perseida, ademais, o experto mostrará as diferentes constelacións.

A propia noite das bagoas de San Lourenzo é a do día 12 de agosto, pero dende a Fundación Ceo, Ciencia e Cultura sinalan que estas son visibles tanto nos días posteriores como anteriores (sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan, é dicir, que o ceo estea despexado). Toman o nome da constelación de Perseo porque debido a un efecto óptico da a sensación de que todas veñan desde ese mesmo punto, por iso Ricarlo Lago considerou o castro de Chandebrito o lugar máis axeitado (ademáis de que está afastado de todo tipo de contaminación lumínica).

As perseidas non son estrelas fugaces, se non meteoros moi brillantes que viaxan a 59 km/h, deixando ás veces unha estela ao seu paso. O seu causante é o cometa 109 P/swift-Tuttlem, que se fragmenta cada vez que a terra cruza a súa órbita.

Os astrónomos consideran este ano especialmente favorable para a súa observación ao estar preto as datas á lúa nova, polo que o satélite se fará visible, por iso o Concello de Nigrán non quere perder a oportunidade de organizar esta actividade nun punto privilexiado do noso municipio como é o castro de Chandebrito.

También te puede interesar