Galicia

Decretada a ‘alerta 2’ no lume de Pereiro de Aguiar pola proximidade ás casas

LumeMedio Rural activou o ‘nivel de alerta 2’ no incendio que está activo, dende onte pouco antes da medianoite, no concello ourensán de Pereiro de Aguiar. A medida foi adoitada polo proximidade das lapas ás casas da parroquia de Vilariño.

O lume, que xa arrasou 30 hectáreas, conta para loitar contra él con 5 axentes forestais, 12 brigadas, 10 motobombas, 2 helicópteros e 2 avións.

Ademáis, dende as 6 da tarde, un novo incendio espállase pola parroquia de A Pereira, no concello ourensán do Entrimo, que afecta ao Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, e que, segundo fontes non oficiais, xa queimou unhas 25 hectáreas. Para atallar o mesmo foron movilizados un axente forestal, 8 brigadas, 6 motobombas, un avión e dous helicópteros.

También te puede interesar