Vigo al minuto

A Marea devolve as 4 entradas de balde que o Concello da a cada concelleiro para cada concerto do verán

Páxina de Facebook de Rubén Pérez, voceiro municipal de A Marea
Páxina de Facebook de Rubén Pérez, voceiro municipal de A Marea

Os tres concelleiros de A Marea de Vigo, decidiron devolver ao goberno local as entradas que achegaran ao grupo municipal dende a Concellería de Festas, para as actuacións, en Castrelos, de ‘Los Enemigos’, o sábado que ven, e Julieta Venegas, o venres 7 de agosto.

Segundo asegurou o grupo municipal de A Marea adoitou esta decisión en cumprimento do seu «código ético», xa que non cre xustificable que, mentres os veciños teñen que pasar por taquilla, os 27 concelleiros da Corporación e os seus familiares entren de balde.

A Marea sinala que tamén a familia de cada concelleiro entra gratis ás actuacións xa que a Concellería de Festas reparte 4 entradas, por concerto, a cada un dos concelleiros, «se multiplicamos esas catro entradas polos 27 edís que hai en Vigo, son máis de 100 sitios», que se ocupan sen pagar e que poderían ocupar outras persoas que fosen á actuación.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.