Galicia

73 feridos en accidentes nunha fin de semana sen mortos nas estradas galegas

ambulancia-amarilla-061O 061 asistiu durante a fin de semana a un total de 73 persoas debido a 52 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres e as 12 menos un minuto da noite do domingo. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o domingo con 27 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 62 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 52 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 73 persoas.

Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 25 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 75. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a tres sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 64 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse en catro ocasións.

En 68 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en cinco ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.

También te puede interesar