RGPD - Cookies
Deportes

Este domingo, na praia de Panxón, II Trofeo Concello de Nigrán de Futvolei Praia

FootvolleyA Concellería de Deportes do Concello de Nigrán xunto con ‘Verandeportivo’ e ‘Dandocancha’, organizan durante todo este domingo, día 26, na praia de Panxón, un campionato de Futvolei Praia.

Este ‘II Trofeo Concello de Nigrán’ reúne a 20 parellas de categoría senior (maiores de 16 anos) de toda Galicia -40 xogadores-. A competición terá lugar durante todo o día no areal de Panxón, ao lado do porto deportivo, nunha superficie aproximada de 60×30 metros cadrados especialmente adaptada para o evento.

También te puede interesar