Vigo al minuto

Marea de Vigo denuncia que o Concello no esixe ás concesionarias municipais que cumpran a lexislación laboral

Rubén Pérez, voceiro da Marea de Vigo no Concello/Tresyuno Comunicación
Rubén Pérez, voceiro da Marea de Vigo no Concello/Tresyuno Comunicación

O voceiro municipal da Marea de Vigo, considera que nos pregos de contratación e licitación do Concello teñen que xeneralizarse as cláusulas sociais como cumprir a lei de subcontratas para evitar a concatenación de empresas para a xestión dos servizos públicos, ou outras como «non ter reducido o número de traballadores no cadro de persoal no último ano, certificados de cumprimento da lei de prevención de riscos laborais e non ter sancións por parte de inspección de traballo».

Rubén Pérez considera «inexistente» o seguemento da situación laboral e do cumprimento da lexislación laboral por parte municipal nas empresas que xestionan contratos públicos e lembra que «existe unha responsabilidade directa do Concello en que en determinados servizos aparezan situacións de precaridade laboral, flexibilidade arbitraria e mesmo incumprimentos graves dos convenios colectivos».

«Exemplo disto é a actuación de diferentes empresas que agora mesmo están o cargo de varias concesións públicas» sobre as que Marea de Vigo quere comprobar o cumprimento das mesmas, «especialmente no tocante a dereitos laborais, como é o caso de Clece», sobre a que a Marea ven de solicitar todos os expedientes das concesións onde son adxudicatarios.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.