Galicia

Un morto e 93 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

AccidenteO 061 asistiu durante a fin de semana a un total de 93 persoas debido a 50 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres e as 12 menus un minuto da noite de onte. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o domingo con 22 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 64 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 50 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 93 persoas.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 23 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 82. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a sete sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu en tres ocasións, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 59 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 10 ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse en tres ocasións.

En 87 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en cinco ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no lugar do sinistro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.