Vigo al minuto

#CiesPatrimonio, o Parque das Illas Atlánticas recibiu xa máis de 100.000 visitantes este ano

CíesO Parque Nacional das Illas Atlánticas recibiu no que vai de ano un total de 100.659 visitantes, dos que case un 60 %, é dicir, 59.357, achegáronse a este complexo natural no mes de xuño. Cunha superficie de 8.333 hectáreas totais, o parque está formado por catro arquipélagos: Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.

No período que vai dende xaneiro a xuño, incluídos ambos os meses, as Illas Cíes sitúanse á cabeza en canto a afluencia, sumando 75.256 rexistrados; seguidas polas Illas Ons, onde se contabilizaron 16.408 visitantes. Sálvora albergou 4.063 turistas e Cortegada un total de 3.783.

O mes de xuño foi o período no que se rexistrou unha maior afluencia, tendo en conta que coincide co inicio da tempada estival, que este ano estivo caracterizado por unhas condicións meteorolóxicas idóneas para a estancia nas illas. Neste sentido, en xuño o número de visitantes a Cíes ascendeu a 47.367, mentres que en Ons rexistráronse 8.577 persoas. Sálvora recibiu 1.529 turistas e Cortegada sumou 1.574.

Cómpre destacar que no caso de Cíes e Ons, ao longo do ano, os turistas elixen maioritariamente o transporte público, é dicir as navieiras que prestan estes servizos que conectan distintos portos con estas illas. Así, por exemplo, no mes de xuño, dos 47.367 visitantes, 44.481 accederon en transporte colectivo.

También te puede interesar