15.000 gandeiros toman Compostela para defender o sector leiteiro

ManifestaciónMilleiros de gandeiros manifestáronse este venres en Compostela para denunciar a situación agónica das granxas leiteiras galegas, atendendo á chamada feita pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego, quen ven de avisar da caída dos prezos do leite que, segundo os seus representantes, son hoxe “os máis baixos do Estado”.

Con berros de “¡Feijóo, escoita, o sector está en loita!” ou “¡O noso leite haino que pagar!”, os gandeiros, acompañados por decenas de alcaldes e representantes políticos de primeira liña, entre eles o secretario xeral dos Socialistas de Galicia, Xosé Ramón Gómez Besteiro, ou o voceiro do BNG, Xabier Vence, esixiron ao presidente do Goberno galego que se poña á fronte das reivindicacións das 10.000 granxas que hai no país e que, hoxe, empregan a máis de 50.000 persoas.

A Plataforma do Sector Lácteo denuniou que o sector atravesa unha crise que ameaza con ser insuperable e na que preto do 40% das explotacións están tendo que vender o leite por baixo so seu custo de producción, engadindo que moitas delas non chegan a 26 céntinos de euro o litro e noutras o litro de leite non se paga maís de 18.

Os gandeiros aseguran que, agora, as industrias limítanse a impoñer os seus prezos, e que por elo, se o Goberno de Galicia non interven, as únicas opción que teñen son: vender ao que dan aquelas, o cal non cubre os gastos, ou ven tirar o leite.

También te puede interesar